A Igrexa de Santiago de Parada é unha fermosa mostra do tardorrománico rural e a única deste estilo arquitectónico, que se conserva no concello de Nigrán. Estamos perante un típico templo románico dunha soa nave rematada nunha ábsida semicircular.
O porta da fachada norte consta dun arco de medio punto lixeiramente apuntado e abucinado. A súa decoración consiste nun fermoso xogo de liñas de taqueados, bolas e flores hexapétalas, que decoran cada unha das arquivoltas que conforman a porta. Os arcos aséntase en dúas columnas lisas coroadas por sendos capiteis de decoración vexetal, acompañado no lado dereito dunha grande flor. As basas das columnas son de tipo ático, pero se atopan por debaixo do nivel actual do chan. Aínda que na actualidade non se conserva, orixinalmente tamén contaba cun tímpano liso.
Comments